Anuncio de Educación

A Escola Municipal de Artes e Oficios abre o prazo de preinscrición para o curso 2011-2012<br />

A Escola Municipal de Artes e Oficios vén de realizar a convocatoria de preinscrición para alumnado de novo ingreso no curso 2011-2012. Iniciase o prazo o luns día 19 de setembro, ata o 23 dese mes, poderá facerse tanto a través de internet --accedendo ao formulario de solicitude on line colgado da páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org (-Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios)--, como presencialmente nas oficinas da EMAO situadas na rúa de Garcia Barbón.Ofértanse 253 prazas de novo ingreso.

luns, 19 set 2011
1316430792uni09.jpg
Para este curso as especialidades de iniciación que se ofertan son: Pintura, Escultura, Debuxo, Encaixe de Palillos, Ourivería, Artesanía en coiro, Construcción artesanal de Instrumentos musicais tradicionais (Zanfona, Gaita e Luthería antiga), Encadernación, Cerámica e Serigrafía. Unha oferta de novos cursos de iniciación en artes plásticas e oficios artísticos dirixidos a todas aquelas persoas que desexen ter unha ampla formación que se desenvolve, segundo as especialidades, en dous ou tres anos escolares. A formación, ademais da propia do traballo en obradoiro, complétase con materias complementarias asociadas a cada especialidade, como debuxo, volume e modelado, historia da especialidade, gravado, historia da música, análise e medida ou deseño gráfico que completan o curriculum a desenvolver polo alumnado.

O curso 2011-2012 representa a continuidade do Plan de Normalización Curricular (PNC) posto en marcha no curso 2008-2009, un plan encamiñado a sentar as bases do futuro desta Escola actualmente de ensino libre, non regrado. Dentro do PNC desenvólvese un plan experimental nalgunhas especialidades que baixo a denominación de pre-profesionais, supoñen unha maior intensidade cunha carga lectiva dun mínimo de 10 horas troncais semanais durante dous anos (Cerámica, Encadernación, Serigrafía, Construcción de Instrumentos Munsicais Tradicionais). No resto das especialidades, cunha carga lectiva troncal de 5 horas semanais, a duración é de tres cursos de duración anual.

Descargar todas as imaxes

Máis información