O alcalde anuncia a creación dunha brigada permanente de limpeza da canle do Lagares
Abel Caballero avanzou que este novo dispositivo, que nunca se fixera en Vigo, estará formado por tres traballadores, adicados todo o ano á limpeza de toda a canle do río. O alcalde e a concelleira de Medioambiente visitaron este luns os traballos de limpeza do río Lagares, que atópase "francamente ben", tras o que anunciou que o Concello mellorará a iluminación do paseo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a creación dunha brigada municipal permanente adicada á limpeza da canle do río Lagares, como "activo medioambiental, paisaxístico e turístico moi relevante".
O rexedor explicou esta iniciativa no transcurso dunha visita aos traballos de limpeza do rio, na que profesionais do Concello levan once días en tarefas de limpeza previas á época de choivas. Caballero indicou que o Lagares "está francamente ben" e recordou que o nivel de verquidos caeu "de forma moi notable desde que iniciamos a vixilancia activa e as denuncias".
Segundo informou, esta brigada non ten precedente no concello vigués e estará formada por tres traballadores durante os doce meses do ano, con toda a canle do río como ámbito de actuación.
Iluminación
Abel Caballero asegurou esta mañá que o goberno local conta cunha "gran demanda" para dotar de máis iluminación do paseo do Lagares, cun amplo uso por parte da cidadanía. O alcalde apuntou que existen contraindicacións medioambientais á "iluminación excesiva" pero "creo que é posible compatibilizar ambos", polo que o Concello procederá a mellorar a iluminación.