Escoitar

O alcalde participou no acto solemne de apertura do novo curso académico das universidades galegas

Abel Caballero acudiu este venres ao Paraninfo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus Universitario de Vigo, onde tivo lugar o acto de apertura do curso universatario 2011-2012 coa participación do presidente da Xunta de Galicia e dos tres reitores. A profesora Dona Mª del Carmen Enríquez Salido pronunciou a lección inaugural.

venres, 16 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este venres no acto solemne de apertura do novo curso 2011-2012 nas tres universidades galegos, evento que celebrouse no Paraninfo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus Universitario de Vigo.

O alcalde estivo acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e os reitores das tres universidades galegas -Vigo, Santiago e Coruña-. A profesora doutora dona María del Carmen Enríquez Salido, Catedrática de Lingua Española, pronunciou a lección inaugural, titulada "Las regulae iuris y las sententiae breves en las Siete Partidas, lajurisprudencia actual y tribunales de justicia europeos".