mércores, 14 setembro 2011

O alcalde inicia coa Asociación da Miñoca unha rolda de contactos con cada entidade veciñal

mércores, 14 set 2011

Abel Caballero reuníuse este mércores cos representantes da Asociación Veciñal da Miñoca, onde asinaron un convenio de colaboración polo que o goberno local achega 4,600 euros para sufragar os gastos do aluguer do seu local. Ante as peticións cursadas polas entidades, o alcalde avanzou que manterá reunións coas Asociacións de Veciños de manera individual, ao estar máis próximas á cidadanía.

Últimos días para visitar a exposición "Cartografía do presente" na Fundación Laxeiro

mércores, 14 set 2011

O vindeiro domingo, 18 de setembro clausúrase a exposición titulada Cartografía do presente, Colección de Arte Contemporánea Fundación Laxeiro que se inaugurou o pasado dez de xuño e que foi visitada por 3.785 persoas ata a data. A exposición mostra por primeira vez a colección de arte contemporánea da Fundación Laxeiro, construida nos once anos de actividade da institución, mediante aportación de obras de artistas que colaboraron nalgún proxecto expostivo.

A Escola Municipal de Danza e Percusión abre a o prazo de matrícula

mércores, 14 set 2011

A Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional abre o prazo de matricula do 15 ao 30 de setembro. A escola oferta ensinanzas de danza da tradición galega para afeccionados sen límite de idade. As solicitudes poderán presentarse nas dependencias da escola , no soto primeiro da Casa do Concello en horario de luns a venres de 9 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.