Escoitar

O alcalde despide aos primeiros 96 estudantes que parten ao estranxeiro dos 510 becados polo Concello este ano

Abel Caballero acudiu este martes ao aeroporto de Vigo para despedir aos primeiros 96 estudantes que disfrutarán a súa beca de estudos no estranxeiro, dun total de 510 que sufraga este ano o goberno local -440 de Secundaria entre colexios públicos e concertados e outros 70 da Escola Oficial de Idiomas en Vigo-. O investimento do Concello nesta medida de formación ascende este ano a 1.170.000 euros.

martes, 13 set 2011
1315917098becas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desprazouse este martes ata o aeroporto de Peinador para despedir aos primeiros 96 estudantes que inician a súa estadía no estranxeiro para aprender en inglés, parte dos 510 que este ano beca o Concello.

Segundo detallou Caballero, das 510 axudas totais que abona o goberno local, 70 corresponden a estudantes da Escola Oficial de Idiomas en Vigo e outros 440 a estudantes de Secundaria, 290 deles de centros públicos e 150 dos concertados. O investimento municipal nestas becas para estudar no estranxeiro ascende a 1.170.000 euros.

Os 96 estudantes -66 da escola pública e 30 da concertada- partiron hoxe desde Peinador ás localidades de Epsom, Putney, Henley in Arden e Alcester, e os restantes partirán en próximas datas.

O alcalde de Vigo amosou a súa "satisfacción" polo programa de becas en inglés impulsado desde o Concello: "creo que esta cidade ten que estar moi orgullosa", indicou sobre a posibilidade formativa que ofrece aos seus estudantes. "O noso obxectivo é cubrir a totalidade" da demanda existente, concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes