venres, 16 setembro 2011

Vigo celebra esta fin de semana o XVIII Campionato de España de tríatlon

venres, 16 set 2011

A Concellería de Deportes patrocina o , que se disputa esta fin de semana en Vigo. O campionato chega por vez primeira á cidade, cuns 1.000 deportistas inscritos, pechando así un ciclo: o tríatlon chegou a Galicia dende Vigo un 20 de setembro de 1987, cando o Concello organizou en Samil o Gran Premio Cidade de Vigo, dentro do circuíto nacional.<br /> <br />

Contacontos na biblioteca municipal Xosé Neira Vilas

venres, 16 set 2011

Na volta do verán a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas (Avenida Martínez Garrido,21) retoma as actividades para o público infantil e familias. Así o Bardo Abelardo ofrecerá na zona infantil da biblioteca unha sesión de contacontos o venres 16 ás 18,00 horas, que continuará ao día seguinte polo paseo do Calvario (fronte ao mercado) ás 12.00 horas, percorrendo a rúa coa súa ciclobiblioteca e animando a sesión con contos e a música do seu acordeón.

Pintando a Biblioteca

venres, 16 set 2011

A partir do luns 19 de setembro o ilustrador Federico Fernández realizará un mural deseñado para a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas. A actividades está prevista que dure 2 ou 3 días en función do avance do traballo en horario de tarde da biblioteca ( de 17.00 a 20.30 horas).

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

Matrícula para a Escola Municipal de Danza- Curso 2011-2012

venres, 16 set 2011

Comunícaselles a todas as persoas interesadas que o prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na escola Municipal de Danza para o curso 2011-12 será desde o día 15 ao 30 de setembro. Os prezos da matrícula polo curso completo son 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos), 26 euros (restantes curso de danza) e 14 euros (percusión).