Escoitar
ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

Matrícula para a Escola Municipal de Danza- Curso 2011-2012

Comunícaselles a todas as persoas interesadas que o prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na escola Municipal de Danza para o curso 2011-12 será desde o día 15 ao 30 de setembro. Os prezos da matrícula polo curso completo son 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos), 26 euros (restantes curso de danza) e 14 euros (percusión).

venres, 16 set 2011
Lugar de presentación de solicitudes.- Dependencias da Escola Municipal de Danza (soto 1º da Casa do Concello).

Horario.- de luns a venres, de 09 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.

Información.- Teléfonos 986 810 167 ou 986 810 221; Fax 986 810 167 ou 986 221 666; escoladanza@vigo.org; www.vigo.org/escoladanza.