Contacontos na biblioteca municipal Xosé Neira Vilas

Na volta do verán a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas (Avenida Martínez Garrido,21) retoma as actividades para o público infantil e familias. Así o Bardo Abelardo ofrecerá na zona infantil da biblioteca unha sesión de contacontos o venres 16 ás 18,00 horas, que continuará ao día seguinte polo paseo do Calvario (fronte ao mercado) ás 12.00 horas, percorrendo a rúa coa súa ciclobiblioteca e animando a sesión con contos e a música do seu acordeón.

venres, 16 set 2011
1316084067ciclobiblioteca.jpg
Estas actividades teñen como obxectivos dar a coñecer a biblioteca para o seu desenvolvemento e converterse nun organismo activo e dinámico na cidade; conseguir que os nenos identifiquen a biblioteca como un lugar de encontro, de diversión e de aprendizaxe; crear hábitos de lectura nos nenos; achegar aos nenos contidos culturais e literarios, promover nos rapaces o uso da biblioteca como lugar onde que poder atopar respostas ás súas necesidades formativas e informativas,
1316084067ciclobiblioteca.jpg
1316084080biblio16.jpg
Descargar todas as imaxes