Pintando a Biblioteca

A partir do luns 19 de setembro o ilustrador Federico Fernández realizará un mural deseñado para a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas. A actividades está prevista que dure 2 ou 3 días en función do avance do traballo en horario de tarde da biblioteca ( de 17.00 a 20.30 horas).

venres, 16 set 2011
1316173062pintando.jpg
Durante a realización do mural a biblioteca manterá os seus servizos habituais e os usuarios poderán presenciar a evolución do traballo e observar ao artista ao longo do proceso creativo.

Federico Fernández Alonso nace en Vigo o 11 de marzo de 1972. É licenciado en Belas Artes, na especialidade de Pintura, pola Universidade de Vigo. Realizou diversos traballos de rotulación e de deseño de carteis. Durante o curso 1999-2000 traballa no Instituto de Formación e Estudios Sociais de Galicia, para o que ilustra varios CD-ROM e guías. No campo plástico realizou numerosas exposicións tanto individuais como colectivas de pintura e gravado. Actualmente traballa como ilustrador para as editoriais Kalandraka e Xerais.

Premios
Segundo Premio no Concurso de Pintura Novos Valores "Comarcas do Sar" 1999.
Segundo Premio de Pintura "Certame Galego da Xunta" 2001.
Premio ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís en 2002 por ¿Onde perdeu Lúa a risa?
Descargar todas as imaxes