Escoitar

Vigo celebra esta fin de semana o XVIII Campionato de España de tríatlon

A Concellería de Deportes patrocina o , que se disputa esta fin de semana en Vigo. O campionato chega por vez primeira á cidade, cuns 1.000 deportistas inscritos, pechando así un ciclo: o tríatlon chegou a Galicia dende Vigo un 20 de setembro de 1987, cando o Concello organizou en Samil o Gran Premio Cidade de Vigo, dentro do circuíto nacional.<br /> <br />

venres, 16 set 2011
1316177664carreira1.jpg
Este campionato é unha forte aposta e cumpre cos requisitos de calidade que a cidade demanda: unha gran proba que repercute no sector hostaleiro e permitirá un importante retorno económico do investimento (600.000 euros, segundo o cálculo estimado pola Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno), con elevada repercusión a nivel estatal para a promoción de Vigo e sendo unha disciplina que engloba deporte de base e de elite, ao disputarse todas as categorías existentes, é dicir, cadete, junior, grupos de idade, sub 23 e elite, ademais do Nacional de paratriatlón.

Serán os cadetes os encargados de abrir o 17 de setembro o Campionato de España. Para eles os percorridos son máis curtos (750 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 3 quilómetros de carreira a pe) e a proba comezará as 13:00 horas (a masculina, con saída tres minutos máis tarde para as féminas). Na proba masculina haberá un total de 101 participantes dos cales 16 son galegos. Entre eles destaca a presenza do vigués Antonio Serrat, que hai uns meses proclamouse subcampión de España de tríatlon escolar en Sanxenxo. Io si, non será sinxelo. Enfronte terá a Alexis Domenech (Catalunya), que foi o campión en Sanxenxo, e tentará repetir triunfo, así como a Luís Suárez, de Andalucía.

Na proba feminina as participantes son 47 e trece delas son galegas e con serias opcións de estar no podio, como Yaiza Blanco, Diana Cotón, Xiana Rendo ou Sara Rial, que fixeron unha moi boa tempada.Yaiza Blanco proclamouse campioa de España de acuatlón en Sanxenxo no mes de xuño, mentres que Diana Cotón foi prata. Xiana Rendo caeu a pasada fin de semana na Coruña e está un pouco magullada, polo que haberá que ver en que condicións enfronta a proba, pero se está en condicións, tamén debería ter opcións de podio. E fora das galegas, temos que destacar á valenciana Tiffany Kelleway.

A continuación, chegará a quenda dos paratriatletas (13:30 horas). Esta é unha especialidade moi nova (será o terceiro ano que se celebre) e a participación é aínda moi escasa. Iso si, as probas son espectaculares para ao espectador ao ver o esforzo que fan os deportistas, algúns con moi importantes discapacidades físicas. Percorrerán 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 de carreira a pe, e nesta oportunidade houbo un cambio no percorrido, que pasará por Bouzas.

Existen sete categorías diferentes dependendo da súa minusvalía e nesta oportunidade competirán 19 homes e só unha muller, precisamente unha galega e viguesa: Susana Rodríguez Gacio. Susana, que compite en TRI 6 (para discapacitados visuais), estrenará guía en Vigo. A súa habitual compañeira é Alba Cuba, pero Alba competirá a nivel individual, polo que Susana nesta ocasión terá como guía á catalá Mayalen Noriega, do C.N. Mataró e co tándem (ciclismo) como punto forte.

O Paratríatlon incluye 7 categorías:

• TRI 1: categoría que usan bici de mano.
• TRI 2: categoría que inclúe a discapacidade con incapacidade severa das extremidades inferiores
• TRI 3: Outros.
• TRI 4: Impedimentos nos brazos.
• TRI 5: Impedimento menor en pernas
• TRI 6: Discapacitados visuais
• TRI 7: Discapacitados intelectuais (na actualidade só recoñecida pola FETRI)

Grupos de idade. E a tarde compretarase cos grupos de idade, onde participarán 450 deportistas (entre homes e mulleres. A primeira saída darase ás 14,15 horas e haberá clasificación dende os 20-24 anos ata 55-59 anos en féminas y de 20-24 a 65-69 en homes.

Esta é a proba máis concurrida de todas, xa que compiten todos os grupos xuntos e desputarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros en natación, 40 quilómetros en bicicleta e 10 en carreira a pe). Tamén aquí o circuito de bicicleta pasará por Bouzas.


1316177664carreira1.jpg
1316177673carreraapie2.jpg
1316177686ciclismoelite.jpg
1316177706ciclismogrupos.jpg
1316177717natacion759.jpg
1316177727natacion1500.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información