Abel Caballero afirma que Samil ten as condicións para ser "un circuito de tríatlon dos mellores de Europa"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe mércores á praia de Samil para coñecer in situ o circuíto polo que competirán a fin de semana máis de 1.000 triatletas chegados de toda España para participar nos Nacionais, que por vez primeira celébranse na cidade.
![1316005374triatlon.jpg 1316005374triatlon.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1316005374triatlon.jpg)
Acompañado polo presidente da Federación Galega de Tríatlon, Paco Villanueva, polo novo campión galego absoluto, Jesús Gomar, e por representantes vigueses no campionato (Antonio Serrat e Susana Rodríguez Gacio) e a responsable das escolas deportivas municipais de tríatlon, Lorena García, o rexedor púidose facer unha composición de lugar sobre a espectacularidade das probas, especialmente co bo tempo que se prevé.
"A idea gústame moito", asegurou o xefe do goberno local aos deportistas presentes en canto coñeceu o circuíto. A o presidente federativo e aos e ás deportistas explicoulles que nunha fin de semana de calor Samil pode recibir nos seus dous quilómetros de areal "a unhas 30.000 ó 40.000 persoas, máis os espectadores que flúen porque lles atrae directamente este deporte", dixo. E o deseño do circuíto "vai permitir a toda a xente velo moitas veces".
Caballero, que tamén espera "que gañen os de Vigo", en referencia ao cadete Antonio Serrat ou á paratriatleta Susana Rodríguez Gacio, afirmou que este evento chega "tras conversas co Consejo Superior de Deportes", e amosou a súa satisfacción polo nivel do mesmo, "xa que Galicia e España teñen unha posición moi dominante no tríatlon mundial".
O alcalde recibiu indicacións da localización dos percorridos dende o paseo de Samil, viu a rampla pola que sairán da area os participantes para pasar a disputar a carreira ciclista e coñeceu a denominada zona de transición onde se situarán as bicicletas. Despois, non dubidou en manifestar que "Samil é un escenario excepcional; non me atrevo a dicir que o mellor escenario posible, pero si que é un dos mellores de Europa". Ademais, sobre o terreo lanzou unha idea de futuro: "Non descarten a idea de que este sexa escenario habitual de tríatlons de nivel".
O presidente federativo, pola súa banda, explicou que hai 1.046 deportistas inscritos, que a organización "vai a bo ritmo" e que estarán os mellores, destacando que a presenza de Javier Gómez Noya, bronce nas Series Mundiais, "é unha garantía de que a proba é de nivel mundial".
Descargar todas as imaxes