Escoitar

Caballero louba a labor dos responsables de Afaga polo seu traballo pola igualdade

O rexedor de Vigo inaugurou hoxe luns as instalacións do Centro de atención intregral contra o alzheimer situadas na rúa Martínez Garrido. As instalacións préstanse especialmente, indicou, porque son amplas e están rodeadas de zonas verdes para pasear. Con este, xa son cinco as asociacións sociais que desenvolven a súa actividade en locais cedidos polo Concello.

luns, 19 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou hoxe luns as novas instalacións do Centro integral contra o alzheimer se Afaga (Asociación de Familiares de enfermos de alzheimer e otras demencias de Galicia), un local, situado en Martínez Garrido, "que se presta especialmente" para esta función social grazas a súa amplitude e o seu contorno rodeado de zonas verdes. Caballero reiterou o interese do Goberno municipal en temas sociais, tal e como demostra a cesión de locais para colectivos como a Asociación de Parkinson, Igualarte, Cogami (Confederación Galega de persoas con discapacidade) ou Érguete, asociacións todos elas, indicou, volcadas cos que máis o necesitan, que fan un grande traballo social pola igualdade.