O alcalde subliña que o goberno local multiplicou por catro o investimento en becas desde 2007
Abel Caballero cifrou o "apoio" do goberno que preside á ensinanza, singularmente á publica, nos 2,5 millóns de euros que destina este ano o Concello de Vigo a becas de libros, comedor e inglés, cando en 2007 o total ascendía a 605.000 euros. O alcalde e a concelleira de Educación, Raquel Díaz, acudiron este martes ao Instituto Santa Irene para a inauguración oficial do curso de Secundaria e Bachiller, nos que estudarán uns 20.000 vigueses este ano.