O alcalde subliña que o goberno local multiplicou por catro o investimento en becas desde 2007

Abel Caballero cifrou o "apoio" do goberno que preside á ensinanza, singularmente á publica, nos 2,5 millóns de euros que destina este ano o Concello de Vigo a becas de libros, comedor e inglés, cando en 2007 o total ascendía a 605.000 euros. O alcalde e a concelleira de Educación, Raquel Díaz, acudiron este martes ao Instituto Santa Irene para a inauguración oficial do curso de Secundaria e Bachiller, nos que estudarán uns 20.000 vigueses este ano.

martes, 20 set 2011
1316521672secundaria.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, resaltou o "apoio" do goberno municipal ao ensino -singularmente ao público- apuntando que o investimento en becas multiplicouse por catro desde 2007.

Á chegada do goberno de Caballero, o Concello destinaba 605.000 euros ás axudas de libros e comedor, cantidade que elevouse ata os 2,5 millóns, sumando as becas de libros e comedor ás novas axudas para estudar en inglés que ofrece o goberno local, este ano a 420 estudantes da ESO.

Segundo detallou o alcalde, na súa etapa á fronte do Concello o goberno local adicou 7,5 millóns de euros en achegas ao ensino para libros, comedor e estudos de inglés, ao que habería que sumar os investimentos realizados nos propios centros e os dirixidos ás escolas municipais; como parte do "apoio" municipal "aos estudantes de toda a cidade e singularmente ao ensino público".

Curso 2011-2012
Nunha visita ao Instituto Santa Irene, onde estudiou o propio Caballero e definido polo este como unha "catedral do coñecemento", o alcalde avanzou que 20.500 estudantes cursarán este ano estudos en Secundaria e Bachiller -10.000 en centros públicos, uns 8.500 nos concertados e 2.000 en privados-.
Descargar todas as imaxes