Escoitar

Caballero respalda a proposta dos comerciantes de reformar os espazos do novo Mercado do Progreso

O alcalde de Vigo recibiu este mércores á Asociación de Comerciantes do Progreso, quen plantexou ao Concello unha modificación do proxecto da obra de reforma do Mercado, unha nova redistribución dos espazos interiores que non suporía sobrecuste nin unha demora na inauguración, prevista para o próximo verán. Caballero garantiu a cooperación do goberno local na iniciativa.

mércores, 21 set 2011
1316606110progreso.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aceptou este mércores a proposta dos comerciantes de redeseñar os espazos interiores do Mercado do Progreso, actualmente en obras.

Caballero garantiu que non haberá "obstáculos" por parte da administración local a esta iniciativa da Asociación de Comerciantes, xa que non implicará un maior gasto nin un retraso na inauguración da reforma, prevista para o próximo verán.

Os comerciantes consultaron con expertos a posibilidade de realizar unha redistribución das dependencias do Mercado co fin de adaptalo á súa nova condición de centro comercial aberto, que estará operativo mañás e tardes.

Nunha reunión coa Asociación, Abel Caballero puido constatar igualmente o bo funcionamento da reordenación de tráfico establecida polo goberno local no entorno do Progreso, que está a funcionar "francamente ben" por concede unha "maior facilidade de acceso" á devandita zona comercial.
Descargar todas as imaxes