O obxectivo é fomentar o uso do transporte público como medio sostible

Caballero avanza que cinco liñas do transporte público serán gratuitas mañá xoves

O alcalde anunciou esta medida no marco da Semana Europea da Mobilidade e co obxectivo de "promocionar" o uso do transporte público na cidade de Vigo. Mañá xoves, 22 de setembro, os vigueses que empreguen as liñas C2, 12A, 12B, 13 e 31 viaxarán de balde.

mércores, 21 set 2011
Por sétimo ano consecutivo, e co obxectivo de fomentar o emprego do transporte público como medio sostible e menos contaminante, o Concello de Vigo celebra a Semana Europea da Mobilidade ofrecendo durante o xoves 22 de setembro transporte gratuíto para todos os usuarios que collan as liñas C2, 12A, 12B, 13 e 31 do VITRASA.

O percorrido de cada unha delas é o seguinte:

Liña C2: Nova Estación de tren de Guixar – Estación de Autobuses
Liña 12A: Saiáns - Meixoeiro
Liña 12B: Matamá - Meixoeiro
Liña 13: Praza Eugenio Fadrique - Meixoeiro
Liña 31: San Lorenzo - Meixoeiro

Día Europeo sen Coche 2010
Durante o pasado ano, un total de 9.172 viaxeiros empregaron as liñas de transporte urbano gratuítas postas en marcha por VITRASA na cidade de Vigo con motivo do Día Europeo sen Coche. O número de persoas que empregaron unha liña gratuíta neste día durante 2010 foi un 15% superior con respecto á mesma data de 2009.