Escoitar

O alcalde avoga por reforzar o transporte público e os vehículos eléctricos no Día sen Coche

Abel Caballero marcou hoxe xoves as liñas de actuación municipais na mobilidade sostible, que pasan pola "vontade" municipal de potenciar o ferrocarril -tanto de longa distancia como cercanías-, implementar o uso da motocicleta e do coche eléctrico e reforzar o transporte público. Neste último, o alcalde adiantou que o goberno local traballará para que as liñas circulares sexan de dobre dirección e incrementar as conexións co rural.

xoves, 22 set 2011
1316693587mobilidade.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este xoves o Día Europeo da Mobilidade avogando por reforzar a mobilidade sostible na cidade, específicamente o transporte público e os vehículos eléctricos.

Nun acto na nova estación de ferrocarril de Guixar, Abel Caballero defendeu continuar implementando un autobús urbano "eficiente" e avanzou que, de cara aos próximos catro anos, o obxectivo do Concello é que as liñas circulares do VITRASA sexan de dobre dirección, aumentar as frecuencias co rural -en particular nas fins de semana- e establecer novas liñas directas con centros de traballo, como a que xa funciona "francamente ben" co centro de Balaídos de PSA Peugeot Citroën.

No tocante ao transporte público, o rexedor vigués recordou que o pasado ano o Concello non subiu as tarifas do autobús e incluso baixou un céntimo as da tarxeta verde, sendo o único municipio español en rebaixar o importe. Ademais, no anterior mandato se dispuxeron conexións con Citroën, o Meixueiro, a cidade tecnolóxica, creáronse novas rutas circulares e ampliouse o servizo a Navia, entre outras.

Continuando co transporte público, Caballero explicou a "vocación" viguesa polo ferrocarril, tanto para longas distancias como para cercanías. Trátase do sistema de transporte "máis ecolóxico en larga distancia" e, sobre o proxecto "de futuro" das cercanías, afirmou que o ministro de Fomento xa ofreceu á Xunta de Galicia diálogo para establecelo no territorio.

Ademais, o primeiro edil recordou que o goberno local está a elaborar un estudo de con ADIF e VITRASA para coñecer os destinos e orixes habituais dos viaxeiros de Renfe, co obxecto de poder establecer novas liñas que melloren o servizo á nova estación de tren de Guixar.

Vehículo eléctrico
Abel Caballero adiantou que, en "semanas", a frota de vehículos do Concello contará con coches eléctricos. As renovacións dos vehículos municipais que sexan precisas traerán estes vehículos sempre que sexa posible, por exemplo para trámites de Urbanismo, Fomento ou Medioambiente, segundo explicou.

O rexedor tamén defendeu potenciar o emprego da motocicleta en Vigo, en particular da eléctrica. Recordou Caballero que xa se tomaron medidas para favorecer o tránsito das motocicletas, ao ser "un bo sistema de transporte urbano", e continuará a profundizar nesta liña con medidas para facilitar o seu uso.

O alcalde recordou que xa foron habilitados algúns espazos específicos para as motocicletas ante os semáforos para priorizar o seu tránsito e gañar seguridade; ademáis de utilizarse na urbe pintura antideslizante e habilitarse máis estacionamentos para motocicletas.

Ordenanza para vehículos eléctricos
"Estamos moi preto de sacar a primeira ordenanza de utilización do automóbil eléctrico na cidade, e imos ser pioneiros", explicou Caballero, unha normativa que incorporará para os usuarios vantaxes como o aparcamento de balde na zona azul e a prezos "moi módicos" nos aparcadoiros ou accesos prioritarios a zonas semipeatonais

Carril bici
Sobre o uso da bicicleta, o goberno local está a estudar a disposición de carris bici nas beirarrúas seguindo o sistema de Madrid, unha fórmula mixta de peóns e bicicletas. "Podería ser unha fórmula en Vigo" pero "quero estudarlo e consultalo con asociacións cidadás" antes de tomar a decisión, asegurou Caballero.
Descargar todas as imaxes