luns, 28 out 2013
Así o explicou este luns, en sesión plenaria, a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, no tocante á execución do orzamento do Concello correspondente ao terceiro trimestre de 2013. A edil indicou ademais que as obras e servizos iniciados ata o momento supón o 73,6% do total reservado para este ano.
luns, 28 out 2013
O Pleno da Corporación aprobou hoxe luns esta moción, presentada polo grupo socialista e apoiada polo nacionalista coa oposición do PP, rexeitando este novo copago e instando á Xunta de Galicia a solicitar ante o Ministerio a derrogación desta resolución.
luns, 28 out 2013
Cos votos do BNG e a abstención de populares e socialistas, a Corporación aprobou a proposta de suprimir o tráfico no Castro, salvo para o acceso ás vivendas e servizos municipais e para a entrada da fortaleza, con posibilidade de parar mais non de estacionar vehículos.
luns, 28 out 2013
A Sociedade Galega de Medioambiente, dependente da Xunta de Galicia, incrementa para 2014 o canon aos municipios polo tratamento dos residuos, unha suba que en Vigo suporía máis de dous millóns de euros, 9 euros máis no recibo de cada familia. O Pleno, por unanimidade, pide ao goberno autonómico que asuma esta cantidade.
luns, 28 out 2013
O Pleno do Concello comprometeuse por unanimidade a que ao longo de 2014 se abran ao público a piscina e o campo de fútbol da ETEA. A moción do PP aprobada na sesión plenaria desta mañá tamén insta a mudar a superficie dos terreos de xogo dos campos de fútbol de Samil e As Travesas.
luns, 30 set 2013
Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao votar ao favor dunha moción socialista na que aboga porque as 5.500 obras da colección artística da desaparecida Caixanova teñan a súa sede en Vigo. O texto solicita ao presidente galego a pronuniciarse de forma "nítida e contundente"sobre a permanencia da colección na nosa cidade.
luns, 30 set 2013
PSOE e BNG sumaron esta mañá os seus votos a unha moción do PP na que solicita a incorporación da cidade de Vigo na "Rede de cidades pola accesibilidade", unha estratexia para mellorar ha habitabilidade urbana e social. Outra das iniciativas populares aprobadas inata ao goberno local a implementar os mecanismos necesarios orientados a consolidar o turismo na cidade.
luns, 30 set 2013
BNG e PSOE presentaron hoxe sendas mocións en apoio aos veciños e veciñas beneficiarias de pensións percibidas no estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria. Os dous textos aprobados, que se debatiron e aprobaron por separado, contaron coa apoio do PP.