luns, 24 feb 2014
O alcalde foi facultado no Pleno desta mañá para iniciar os trámites que permitan ao Concello de Vigo interpoñer un conflito de defensa da autonomía local contra a lei 27/2013, de 27 de decembro de 2013. Os votos de PSOE e BNG permiten, polo tanto, arrancar o proceso contra a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local.
luns, 24 feb 2014
Todos os grupos políticos se uniron hoxe para pedir ao Consello de Ministros que conceda o indulto a Carlos Rivas Martínez e Serafín Rodríguez Martínez, condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete durante a folga de transporte de 2008. A unanimidade do Pleno aprobou unha declaración institucional que constata a solidariedade de todos os grupos con estes traballadores.
luns, 24 feb 2014
A tenente de alcalde, Camela Silva, deu conta do Pleno deste luns do informe de Tesourería correspondente ao cuarto trimestre do 2013, documento que fixa en 24,35 días de media o prazo de pago aos proveedores desde a presentación da factura. Na súa opinión, non hai concello en España que mellore o dato de Vigo e apuntou que o último dato mellora o do terceiro trimestre de 2013 que foi de 25,11 días.
luns, 24 feb 2014
Na sesión plenaria celebrada hoxe luns, intervino Rosa Fontaiña en representación do Consello Municipal da Muller para dar lectura do manifesto do 8 de marzo Día Internacional das Mulleres que se celebrará baixo o lema " Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto". Entre outros aspectos o manifesto reivindica a retirada do anteproxecto de lei que "atenta contra os dereitos das mulleres, contra a nosa autonomía,contra a nosa liberdade, contra a nosa saúde, vida e dignidade"
luns, 27 xan 2014
A iniciativa do PSOE e co apoio do BNG, o Pleno aprobou unha moción instando ao Goberno de España a "retirar inmediatamente e non continuar a tramitación" dun anteproxecto de lei que "provocou un enorme rexeitamento social" e suporía un "grave retroceso" nos dereitos das mulleres.
luns, 27 xan 2014
O Pleno da Corporación tomou coñecemento este luns do informe de Tesourería correspondente ao terceiro trimestre do 2013, documento que fixa en 25,11 días de media o prazo de pago aos proveedores desde a presentación da factura. "Non hai concello en España" que mellore o dato de Vigo, en verbas da tenente de alcalde, Carmela Silva.
luns, 27 xan 2014
Os votos de socialistas e nacionalistas coincidiron hoxe ao reclamar á Xunta que respecte o mapa sanitario vixente e que o CHUVI continúea a ser o hospital de referencia para as provincias de Pontevedra e Ourense. A moción defendida pola tenente de alcalde Carmela Silva, que incluíu unha engádega do BNG, foi rexeitada polo grupo do PP.
xoves, 23 xan 2014
O goberno local sacou adiante a modificación de crédito para investir os 5,9 millóns de euros resultantes do superávit acadado polo Concello de Vigo no ano 2012. A tenente de alcalde, Carmela Silva, explicou que as melloras beneficiarán ao "conxunto da cidade" e suporán "unha importante fonte de xeración de emprego".