Pleno da Corporación
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 11
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 27 de XULLO de 2015, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: (Acta constitutiva 13.06 e acta pleno extraordinario 29.06.2015).
2.- Declaracións institucionais.
3.- Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
3.1.-Aprobación da Conta Xeral do Concello de Vigo e dos seus organismo autónomos, correspondente ao ano 2014. Expte. 102517/140 (1117/1101)
3.2.- Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstas na Lei de contratos correspondente ao 1º trimestre do ano 2015. Expte. 15289/541 (1089/1101)
3.3.-Dar conta do estado de execución do estado de gastos e ingresos do orzamento correspondente ao segundo trimestre do 2015, así como do movemento de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias. Rexistro Pleno 1148/1101.
URBANISMO
3.4.- Aprobación do texto definitivo do convenio de colaboración entre o Concello e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento do sector S-33-I do PXOM. Expte. 5145/401 (Rexistro Pleno 1111/1101).
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao goberno central a presentar un proxecto de lei modificando o IVE, para aplicar o tipo reducido a tódalas manifestacións culturais previstas na Directiva do IVE. Rexistro Pleno. 1133/1101.
5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao goberno central a ampliación da protección por desemprego a tódalas persoas desempregadas de mais de un ano, con responsabilidades familiares, así como outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1134/1101.
5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista amosando o enérxico rexeitamento aos recortes que se están producindo na Lei de Dependencia e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1152/1101.
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
1.3.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 2.07.15, referente ao nomeamento dos membros do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo. Rexistro Pleno 1128/1101.
1.4.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 6.07.15, referente ao nomeamento da Vicepresidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo. Expte. 358/406 (Rexistro Pleno. 1120/1101).
1.5.- Dar conta da Resolución do Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo, de data 6.07.15, referente á delegación do exercicio de facultades na Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo. Expte. 357/406 (Rexistro Pleno 1119/1101).
1.6.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 3.07.15, referente ao réxime de dedicación e retribucións da concelleira Dª Elena Muñoz Fonteriz. Rexistro Pleno 1147/1101.
1.7.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 6.07.15, referente ao réxime de dedicacións e retribucións dos membros da Corporación. Rexistro Pleno 1146/1101.
1.8- Dar conta da Resolución da Alcaldía de data 8.07.2015 referente ao nomeamento dos membros da Comisións Informativas. Expte. 1129/1101
1.9. Dar conta da Resolución de data 8.07.15, para á provisión definitiva do posto de traballo de Interventor Xeral Municipal do Concello de Vigo. Expte. 26463/220 (Rexistro Pleno 1118/1101).
1.10. Dar conta da Resolución Alcaldía de data 14.07.2015 modificando o apartado 4ª da Resolución da data 8.07.15 na que se nomeaban os membros das Comisións Informativas. Expte. 1130/1101
1.11. Dar conta da Resolución da Alcaldía de data 14.07.2015 referente ao nomeamento dos Presidentes e Vicepresidentes das Comisións Informativas do Pleno. Expte. 1131/1101
1.12. Dar conta dos escritos de aceptación dos concelleiros con dedicación exclusiva. Rexistro Pleno (1112, 1114, 1138, 1139, 1140, 1141, 1142, 1143 e 1144/1101)
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do Grupo municipal Marea de Vigo instando ao pleno da Corporación a constitución dunha comisión especial de investigación sobre os procesos xudiciais abertos que teñen relación con concellerías e departamentos municipais. Rexistro Pleno 1108/1101.
4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a realizar auditorías de tódalas concesionarias municipais, priorizando as de AQUALIA e VITRASA. Rexistro Pleno 1124/1101.
4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a garantir a tódolos vigueses o transporte público ao novo hospital Álvaro Cunqueiro. Rexistro Pleno 1126/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E SETE DE XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 23 de xullo de 2015
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.