Escoitar

Caballero, satisfeito tras a reunión en Fomento: "había tres grandes cuestións e se resolveron moi favorablemente para a cidade"

O alcalde fixo unha "extraordinaria valoración" do resultado da reunión que mantivo na mañá deste mércores na sede de Fomento coa súa titular, Ana Pastor. Caballero indicou que "había tres grandes cuestións e as tres se resolveron moi favorablemente para a cidade". A ministra comprometéuse a iniciar en 2017 as obras do AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo, a licitar en setembro ou outubro a parte comercial da estación de Urzáiz deseñada por Thom Mayne e a conveniar co Concello a humanización da Avenida de Madrid.

venres, 24 xul 2015
1437568451Pastor.jpg
Segundo explicou o alcalde de Vigo ao remate da entrevista, no tocante á variante de Cerdedo do AVE -que permitiría conectar Vigo con Madrid de forma directa-, a ministra comprometéuse a axilizar os estudos medioambientais en tramitación pe a comezos de ano, cando éstes rematen, proceder á licitación e contratación do proxecto co obxectivo de que a obra estea en marcha no ano 2017. Caballero indicou que o compromiso de Fomento é "moi importante", representa unha "luz verde fortísima" á conexión directa coa capital de España e presenta un prazo "breve para unha obra desta envergadura".

En segundo lugar, Pastor e Caballero desbloquearon o proxecto do arquitecto Thom Mayne para Urzáiz, a estación comercial Vialia sobre a parte ferroviaria xa en funcionamento. Indicou o rexedor que Fomento ve interese no sector privado e vai licitala entre setembro e outubro deste ano, para que poida ser contratada a comezos de 2016, "o prazo máis breve posible", concedeu Abel Caballero.

A última cuestión abordada entre ambos mandatarios foi a humanización da Avenida de Madrid. O alcalde asegurou que tanto Fomento como o propio Concello consideran "imprescindible" a súa reforma, polo que impulsarán unha reunión entre os técnicos de ambas administracións de cara a elaborar un convenio de reforma. O acordo estipula que o Ministerio se faría cargo da parte central e o goberno de Vigo dos laterais da Avenida, facendo posible unha humanización con "rotondas e medianeiras" e sen as verxas centrais, en verbas do alcalde, quen saudou este "terceiro gran éxito para a cidade".

En termos xerais, Abel Caballero valorou positivamente o encontro con Ana Pastor, celebrado nun tono de "cordialidade e amabilidade", e que supuxo que "as tres cuestións importantes se resolveron con matrícula".
Descargar todas as imaxes