Caballero cualifica de "excepcional" o programa de festas que se estende desde o 21 de xulio ata o 22 de agosto
Abel Caballero deu conta esta mañá do "excepcional" programa de festas que o Concello vai desenvolver entre o 21 de xullo e o 22 de agosto. Haberá, entre outras moitas actuacións, tres grandes concertos no auditorio de Castrelos- Coral Casablanca, Los Enemigos e Julieta Venegas- ademais de actividades infantís nese mesmo recinto que se complementarán con obradoiros espallados por todos os barrios da cidade.