O Festival Folclórico Internacional aúna este ano bandas de Guipúzcoa, Georgia, Puerto Rico e Indonesia
O Festival Folclórico Internacional desenvolverá a súa vixésimo primeira edición entre mañá martes 21 e do domingo 26 de xullo. Unha vez máis, danzas galegas e internacioanais convivirán nun certame que cada vez ten máis seguidores en Vigo e na súa área.
En total son 7 grupos os que formarán parte do cartel deste ano, con presencia de grupos de Guipúzcoa, Georgia, Puerto Rico e Indonesia, ás que se sumarán a Banda de Gaitas Xarabal, Lembranzas Galegas e Asociación Folclórica Corisco. Mañá martes, arranca no Auditorio de Valadares o programa da XXI edición do Festival Folclórico Internacional coa actuación dos grupos Guarionex e T-TA Paramadina, procecentes de Puerto Rico e Indonesia, respectivamente. O mércores 22, as mesmas bandas actuarán en no Auditorio da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá.
O xoves o espectáculo trasládase ao Centro Cultural e Recreativo Becerreira de Cabral, cos grupos T-TA Paramadina y Gurjaani (Georgia). Ese mesmo día, ás 11,30 h da mañá actuará Guarionex na Praza do Emigrante. A Praza da Princesa acollerá ás 11,30 do venres os ritmos de Gurjaani, e pola tarde, Guarionex e T-TA Paramadina, soarán no Auditorio de Beade.
O sábado 25 de xullo, o grupo guipuzcoano Lurra Dantza Taldea bailará na rúa do Príncipe, mentres que pola tarde actuará no Auditorio de Monte da Mina, acompañado por Gurjaani. Xa o domingo, o último día do programa, haberá un desfile de grupos polas rúas García Barbón e Policarpo Sanz, con saída desde Santiago de Vigo ás 20,00 horas. Todas as bandas actuarán ás 21,30 horas no Auditorio de Abanca no que será o acto de clausura desta edición. O acceso será mediante invitacións, que se repartirán no propio teatro dúas horas antes do inicio do espectáculo.
Outra das novidades deste festival son os Obradoiros de Baile que se organizarán entre o 22 e o 24 de xullo ás 12,30 horas na rúa Príncipe (frente ao Marco). Todos os grupos participarán nesta iniciativa formativa.
En total, son 7 os grupos Os concelleiros Javier Pardo e Ana Laura Iglesias presentaron esta mañá o cartel do Festival Folclórico Internacional, acompañados polos reponsables das bandas organizadoras, Emiliano Sotelino, de Lembranzas Galegas; Pablo González de Corisco e, por último, Roberto Giráldez, de Xarabal.
Descargar todas as imaxes