O Concello oferta 210 prazas de campamentos urbanos para persoas con discapacidade
O alcalde visitou este luns as instalacións da Asociación San Francisco, onde o Concello de Vigo leva adiante as actividades para discapacitados no programa "Lecer de Verán", nos meses de xullo e agosto. Cun total de 210 prazas, o goberno local ofrece ademais aos usuarios o transporte de balde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns na Asociación San Francisco unha das actividades incluídas no programa municipal "Lecer de Verán", dentro da oferta de campamentos urbanos que presenta o Concello para este verán.
Segundo explicou ante os medios, "Lecer do Verán" cunta cun orzamento de 31.000 euros, está dirixido a persoas con discapacidade, dispón dun total de 210 vacantes e se desenvolve en formatos diferentes ao longo dos meses de xullo e agosto. Este ano 93 persoas solicitaron este programa, dez máis das peticións correspondentes ao 2014.
O goberno de Vigo ofrece o transporte gratuíto aos usuarios do programa tanto no mes de xullo como no de agosto. No presente mes, o Concello rubricou un convenio con taxistas e Vitrasa para os desprazamentos, mentres que para o próximo o transporte faise con furgonetas que ceden os centros que traballan con discapacitados na cidade.
Abel Caballero recordou que o Concello conta para este verán coa mesma oferta de prazas nos campamentos que o ano pasado, con propostas adaptadas para todas as idades, desde os 4 aos 35 anos. O goberno local tamén mantivo os prezos dos últimos anos, sendo algunhas das actividades totalmente de balde e, no conxunto, subvencionando a administración local o 40% do custo das mesmas.
Descargar todas as imaxes