luns, 20 xul 2015
Abel Caballero felicitou esta mañá as xogadoras do Alerta Navia Fútbol, gañadoras da copa Federación de Galicia de fútbol feminino e campionas da Liga Autonómica B. Durante a recepción a estas deportistas, que veñen de ascender á Primeira Liga Autonómica, o rexedor subliñou a importancia do fútbol feminino e lembrou a implicación do Concello coas políticas de igualdade, dous días despois de recibir en Madrid o galardón Rosa Manzano, convertíndose Vigo na única cidade premiada con este recoñecemento ás políticas en defensa das mulleres.
luns, 20 xul 2015
O Festival Folclórico Internacional desenvolverá a súa vixésimo primeira edición entre mañá martes 21 e do domingo 26 de xullo. Unha vez máis, danzas galegas e internacioanais convivirán nun certame que cada vez ten máis seguidores en Vigo e na súa área.