A Porta do Sol acollerá esta fin de semana a sexta edición da Festa da Cultura na que actuarán máis de 20 grupos
Máis de 20 grupos e uns 600 artistas formarán parte da Festa da Cultura que se celebra esta fin de semana na Porta do Sol. Organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, co patrocinio do Concello, incluirá unha mostra de produtos artesanais e un desfile dos participantes.
A sexta edición da Festa da Cultura chega o venres 24 e o sábado 25 de xullo á Porta do Sol coa actuación de máis de 20 grupos das entidades que conforman este colectivo. Entre estas bandas, haberá grupos de gaitas, charangas, grupos de baile moderno, danza tradicional, bandas de música, grupos de acorde´ns e animacións para nenos, a cargo de Barafunda. O concelleiro Javier Pardo, acompañado polo organizador, Roberto Giraldel, presentou "unha iniciativa cultural que xa está arraigada" e invitou "a todo Vigo" a gozar dunha festa na que van actuar máis de 600 artistas.
Polas noites, e a partir das 22,00 h, será a quenda dos concertos. O venres soarán os grupos locais El pelotón de los torpes, Vatapá e The Soul Jacket. O sábado, tamén a partir das 22,00 h, subirán ao escenario a banda de gaitas Xeremíes del Soller (Mallorca), a Banda de Gaitas Falcatrúa (Galicia) e a Banda de Gaitas Villa de Candás (Asturias). O resto do programa, comezará ás 18,00 horas o venres, mentres que o sábado alongarase todo o día, desde as 11,00 da mañá.
Descargar todas as imaxes