Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao
O Concello de Vigo pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao", nos meses de xullo e agosto de luns a domingo, dende as 11:00 horas a 14:00 horas e dende as 16:00 horas a 20:00 horas.
A finalidade do servizo e favorecer ás persoas con mobilidade reducida da cidade para que poidan acceder á praia ou a un baño no mar na época estival.O dispositivo conta con cadeiras de baño adaptadas, muletas acuáticas,chalecos e unha pasarela de acceso á praia.
O servizo prestarase nas praias de Samil e do Vao nos meses de xullo e agosto: de luns a domingo, dende as 11:00 horas a 14:00 horas e dende as 16:00 horas a 20:00 horas.
Para a utilización do servizo, calquera persoa discapacitada ou con mobilidade reducida só ten que achegarse aos postos instalados para este servizo nas praias de Samil e do Vao ou realizar a súa reserva a través do teléfono 986 42 36 66.
Descargar todas as imaxes