Pleno da Corporación
O Pleno pide á Xunta que "reconsidere" e ubique o laboratorio central no novo hospital
luns, 30 mar 2015A facultativa Carmen Albo intervíu este luns na sesión plenaria municipal solicitando o apoio dos concelleiros á reclamación dos profesionais de situar o laboratorio central no novo hospital e non no Meixoeiro, como ten planificado a Xunta. A instancias do goberno local, a Corporación votou e acordou un recoñecemento aos traballadores da sanidade viguesa e esixiu á Xunta que "reconsidere" a ubicación do laboratorio.
Vigo adhírese á Rede de Entidades Locais pola Transparencia e Participación Cidadá da FEMP
luns, 30 mar 2015O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade esta proposta do goberno local, despois de que unha organización internacional situase á cidade olívica como a mellor de Galicia no Índice de Transparencia 2014, con 95 puntos sobre 100. A Federación Española de Municipios e Provincias felicitara ao Concello e invitouno a sumarse á citada Rede.
A Corporación ratifica por unanimidade que o pavillón de Bouzas leve o nome de Pablo Beiro
luns, 30 mar 2015A totalidade dos concelleiros apoiaron na sesión plenaria deste luns nomear "Pavillón Municipal Pablo Beiro" ao recinto deportivo de Bouzas, homenaxeando así a traxectoria do recentemente falecido edil do Partido Popular, deportista, fundador e presidente do club deportivo AMFIV. Os tres grupos políticos con representación na Corporación eloxiaron a calidade persoal de Beiro a súa intensa labor nos ámbitos político, social e deportivo.
O Concello pide a readmisión dos despedidos en POVISA e reclama á Xunta que actúe
luns, 30 mar 2015Socialistas e nacionalistas, coa oposición do PP, aprobaron a moción presentada polo BNG instando ao goberno autonómico a adoptar as medidas precisas para esixirlle a POVISA a readmisión dos 13 traballadores aos que lles comunicou a extinción do seu contrato e que aplique as "sancións establecidas no concerto" de "persistir na súa política de persoal".
PSOE e BNG instan á Xunta a concertar un plan de emprego específico para Vigo
luns, 30 mar 2015Os grupos socialista e nacionalista deron luz verde a unha moción defendida por Santos Héctor na que solicita un plan de emprego específico para a cidade de Vigo atendendo ás súas características. Esta iniciativa contou co voto en contra do grupo do PP.
O PP aproba unha moción instando ao Concello a adherirse ao transporte metropolitano
luns, 30 mar 2015O Partido Popular sacou adiante en solitario unha moción instando ao goberno local a realizar xestións para adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. A moción acadou o voto en contra do PSOE e a abstención do BNG.
O Concello insta á Xunta de Galicia a mellorar e acometer novas infraestruturas viarias en Vigo
luns, 23 feb 2015O Pleno da Corporación celebrado este luns deu luz verde a dúas mocións impulsadas polo grupo socialista instando ao goberno autonómico a arranxar as estradas da súa competencia e a executar un plan de infraestruturas en Vigo comprometido hai seis anos.