Pleno da Corporación
O Pleno acorda pedir á Xunta que financie os custos da redacción do novo PXOM de Vigo
martes, 12 xan 2016Todos os grupos políticos deron luz verde na sesión plenaria desta mañá a unha moción socialista na que propoñía a oportunidade de asinar un convenio entre Xunta e Concello para que a administración autonómica sufrague os custos de redacción e elaboración do novo PXOM de Vigo. <br />
A Corporación garante a subrogación do persoal dos aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal
martes, 12 xan 2016A unanimidade do Pleno deu o visto bo este martes á moción presentada por Marea de Vigo demandando a subrogación do cadro de persoal dos dous estacionamentos coa emenda in voce do grupo socialista na que matiza que non se terá en conta o tempo transcorrido entre a extinción da licitación e a nova adxudicación en ningún dos dous casos.
O Pleno aproba por unanimidade a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal
venres, 18 dec 2015Os votos a favor dos tres grupos que conforman a Corporación Municipal deron luz verde á tramitación dun novo PXOM na sesión extraordinaria e urxente do Pleno celebrado este venres. O alcalde sinala que o goberno local rexistrou este luns día 14 de decembro a solicitude dos informes necesarios para iniciar a tramitación ante a Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Deputación de Pontevedra.
Vigo, única cidade de España co orzamento de 2016 aprobado
mércores, 9 dec 2015Os votos do goberno de Vigo validaron este luns as contas para o ano que vén, un orzamento de "marcado carácter social", en verbas do concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, que ascende a 225,9 millóns. O alcalde, Abel Caballero, valorou que a "estabilidade política" no Concello permite a Vigo ser a única entre as "cidades importantes" do Estado en ter o seu orzamento do 2016 xa aprobado.
O Concello de Vigo súmase ao Código de Bo Goberno Local da Federación Española de Municipios e Provincias
luns, 30 nov 2015A proposta do goberno local, e cos votos favorables de todos os concelleiros e concelleiras da Corporación, o Pleno certificou hoxe luns a adhesión do Concello de Vigo ao Código de Bo Goberno Local promovido pola FEMP, un texto aprobado pola Federación Española de Municipios e Provincias sendo Abel Caballero entón vicepresidente da entidade que hoxe dirixe. <br />
O Concello homenaxea a Xosé Neira Vilas cunha lectura da súa obra na biblioteca que leva o seu nome
luns, 30 nov 2015O alcalde de Vigo presidiu o acto de homenaxe que o Concello rendeu a Xosé Neira Vilas na biblioteca pública que leva o seu nome. Concelleiros e cidadáns reuníronse para lembrar a figura deste escritor clásico da literatura galega.