Pleno da Corporación
A unanimidade da Corporación demanda activar a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero
luns, 1 dec 2014Todos os grupos políticos municipais apoiaron este luns a moción presentada polo PP no Pleno da Corporación, instando ao Concello a "activar e dinamizar" a Mesa cara a "prevención, sensibilización e intervención da violencia de xénero" así como requerir da Xunta de Galicia a elaborar un regulamento de funcionamento das mesas para unha mellor coordinación interinstitucional.
O Pleno pide auditar o servizo que presta a concesionaria do autobús urbano
luns, 1 dec 2014A sesión deste luns deu luz verde á moción do BNG instando ao goberno local á realización dunha auditoría que permita ter os "datos reais e un control exhaustivo" do servizo que está prestando a empresa Vitrasa. A decisión, apoiada polo PP coa abstención dos socialistas, tamén require a avaliación do novo mapa de liñas e a súa eventual mellora.
O Concello reclama o mantemento dun Instituto da Muller especializado na igualdade de oportunidades
luns, 1 dec 2014A moción presentada este luns no Pleno polo grupo socialista foi aprobada co apoio nacionalista e a oposición do PP e esixe ao Goberno de España que manteña o Instituto da Muller como ente autónomo especializado na igualdade de oportunidades entre xéneros. Vigo pide igualmente máis recursos para o Instituto e devolverlle a capacidade de acción que tiña.
O Concello reduce novamente o prazo medio de pago a proveedores, que queda en 12 días
luns, 1 dec 2014A tenente de alcalde, Carmela Silva, deu conta no Pleno da Corporación deste luns do informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para os pagos do Concello, que sitúan á local viguesa como "a mellor do conxunto das administracións" cunha media de 12,04 días, cando os entes públicos abonan as súas facturas nun prazo de 111 días.
Vigo reclama novos maxistrados para as ordes xurisdiccionais penal e civil
luns, 27 out 2014A tenente de alcalde, a socialista Carmela Silva, defendeu unha moción de urxencia no pleno deste luns solicitando ao Ministerio de Xustiza a creación dunha nova praza de maxistrado na sección sexta -especializado en civil- da Audiencia Provincial, con sede en Vigo, mantendo a proposta da Comisión Mixta de crear unha na sala quinta -penal-. A proposta foi apoiada por todos os grupos políticos.
O Concello solicita á Deputación e a Abanca que retomen o apoio económico ao MARCO
luns, 27 out 2014A moción, presentada polo grupo socialista e apoiada polos restantes partidos na sesión plenaria deste luns, reclama do organismo provincial e da entidade bancaria o seu retorno á Fundación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tras ter abandoado o padroado nos últimos anos coa conseguinte reducción do orzamento e da programación no MARCO.
A Corporación acorda adoptar medidas urxentes para a mellora dos servizos sociais
luns, 27 out 2014A unanimidade do Pleno deu luz verde a unha moción do BNG na que se solicita a adopción de medidas uxentes para mellorar os servizos sociais do Concello. Durante o debate, o PSOE presentou unha engádega, que tamén contou co apoio de todos os grupos, para que a Xunta cofinancie o proxecto anual de servizos comunitarios municipais.