Pleno da Corporación
O Concello outorga a Conxemar a Medalla da Cidade e nomea sete Vigueses Distinguidos
martes, 22 mar 2016A Corporación Municipal aprobou este martes a concesión da Medalla da Cidade a Conxemar e a designación de Vigueses Distinguidos a APAMP, Comesaña Sporting Club, Down Vigo, Astilleros Cardama, Menchu Lamas, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e Cáritas Diocesana Tui-Vigo. O rexedor felicitou aos condecorados por recibiren "o recoñecemento da cidade polo seu traballo, atención e presenza en Vigo".
O alcalde salienta que a reforma do regulamento do Pleno "afonda na democracia"
mércores, 9 mar 2016O rexedor reiterou este mércores que a modificación que o Concello está preparando do regulamento do Pleno quere ser "máis respectuosa cos concelleiros e concelleiras e co funcionamento do mesmo" e amosouse disposto a estudar as propostas dos grupos da oposición ao respecto.
O informe de Tesourería confirma que o prazo medio de pago a proveedores en decembro foi de 10 días
luns, 29 feb 2016O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta no Pleno do informe de Tesourería do último trimestre de 2015 sobre o cumprimento de prazos de para o pago das obrigas. Tal e como detallou, no pasado mes de decembro o Concello pagou aos seus proveedores nun prazo medio de dez días, desde a recepción dos bens ou servizos.
As piscinas municipais serán xestionadas cun novo modelo que inclúe a reforma das instalacións
luns, 29 feb 2016O Pleno Municipal deste luns aprobou, co apoio dos socialistas e o voto en contra de populares e Marea de Vigo, a reformulación do modelo de xestión das piscinas cubertas municipais das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e o ximnasio do Berbés que serán servizos levados por unha concesionaria que executará as obras necesarias para a modernización das instalacións que, nalgúns casos, superan os 20 anos de uso.
A unanimidade do Pleno reclama á Xunta melloras no servizo de transporte ao aeroporto de Vigo
luns, 29 feb 2016Todos os grupos coincidiron esta mañá na necesidade de mellorar o servizo de transporte público ao aeroporto de Vigo. A tal efecto, a unaminidade do Pleno acordou solicitar á Xunta un convenio de colaboración.
A Corporación insta á cesión dos terreos á Xunta de Galicia para construír a Cidade da Xustiza
luns, 25 xan 2016A moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular e apoiada por todos os concelleiros e concelleiras no Pleno celebrado este luns, reclama do Concello que poña a disposición do goberno autonómico o solo necesario para o novo edificio xudicial vigués. O goberno de Vigo explicou que avanza na tramitación e que nada impide á Xunta de Galicia iniciar o proxecto de construción.
O Pleno solicita ao Sergas habilitar dúas parcelas para aparcamentos gratuítos no Álvaro Cunqueiro<br />
luns, 25 xan 2016A Corporación acordou esta mañá instar á Xunta a poñer á disposición dos cidadáns dúas parcelas próximas ao hospital para destinalas a zona de aparcamento gratuíto. A proposta socialista saíu adiante co apoio da Marea e a abstención do Partido Popular.
Todos os grupos instan a Linorsa a que cumpra o contrato e pague ao seu persoal
luns, 25 xan 2016O Pleno municipal acordou este luns, por unanimidade, esixirlle a Limpiezas del Noroeste que cumpra co prego de condicións e a normativa laboral e fiscal aboando os salarios que lle debe aos seus empregados. David Regades, responsable de Limpeza, explicou que o Concello abrirá expediente sancionador á empresa adxudicataria retirándolle a concesión se non cumpre coas súas obrigas en 15 días.