O alcalde salienta que a reforma do regulamento do Pleno "afonda na democracia"
O rexedor reiterou este mércores que a modificación que o Concello está preparando do regulamento do Pleno quere ser "máis respectuosa cos concelleiros e concelleiras e co funcionamento do mesmo" e amosouse disposto a estudar as propostas dos grupos da oposición ao respecto.
Abel Caballero sinalou hoxe que estudará as propostas que os grupos municipais fagan sobre a reforma do regulamento do Pleno do Concello que se está estudando e que, ao seu entender "afonda na democracia; pretendemos que sexa máis respectuoso cos concelleiros e concelleiras e coas formas de entender o seu funcionamento".
Con todo, dixo que algunhas das críticas da oposición "chaman a atención" e puxo como exemplo as queixas vertidas polo PP en canto á identificación do público que asiste ás sesións plenarias, á prohibición de exhibir carteis ou á necesidade de acreditación dos medios de comunicación, algo que segundo Caballero ocorre no Parlamento de Galicia tamén, engadindo que a modificación que se estuda propón un regulamento "infinitamente máis permisivo e democrático que o que o PP aplica no Parlamento. Aquí hai tolerancia total co público mentres no Parlamento, quen aplaude queda fóra". En referencia ás críticas de Marea sobre a acreditación do público para asistir aos plenos, o alcalde respondeu que "o Concello de Madrid obriga tamén e limita o acceso".
Sobre as Xuntas de Voceiros, o rexedor declarou que "todas se constitúen en termos de maiorías e minorías en todo o mundo. As minorías non poden ter máis votos que as maiorías porque nos plenos deciden os votos, non as minorías" que é "o que pretende a oposición".
En canto ao uso dos locais por parte dos grupos municipais, Caballero explicou que non hai modificacións relacionadas co espazo que ocupan senón que se estudará a petición de espazo adicional para facer, por exemplo, unha reunión nun local das dependencias municipais, unha cuestión que decidirá o secretario do Pleno, "non é unha decisión do alcalde".