venres, 11 mar 2016
Abel Caballero deu conta este mañá da aprobación da solicitude de licenza por parte da Xerencia de Urbanismo polo que, dende hoxe, o club pode iniciar as obras de reforma do inmoble situado no número 44 da rúa Príncipe. A presenza do Celta no centro da cidade é do "agrado" do rexedor porque será "un novo dinamizador" de Vigo.
venres, 11 mar 2016
A décima edición da Feira Internacional do Motor abriu as súas portas este venres no Recinto Feiral de Vigo, onde permanecerá ata o domingo, cunha oferta ampla do sector do motor e actividades complementarias para o público asistente.
venres, 11 mar 2016
Na mañá deste venres apareceu unha mancha de hidrocarburos en augas do Lagares, en concreto na lagoa onde nace o río, que recibe auga de Redondela. O alcalde informou de que tanto a brigada municipal de medio ambiente como a Policía están contendo con barreiras a vertedura para evitar a súa expansión mentres se estuda a procedencia da mesma.
venres, 11 mar 2016
Abel Caballero presentou hoxe venres a Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, que cumpre a súa décimo sétima edición, e que vai celebrarse o vindeiro mércores día 16 no teatro Afundación, o escenario habitual cada ano. Vai supoñer, nas súas palabras, "a homenaxe da cidade a un modelo de forma de vida e á participación no deporte".<br />
venres, 11 mar 2016
Este domingo día 13 de marzo, ás 12:00 h, terá lugar o cuarto concerto programado pola Orquestra Vigo 430 para a "Primavera 2016", que conta coa colaboración da Concellería de Cultura.Neste caso, será o ENSEMBLE VIGO 430 quen ofrecerá o concerto denominado "O 13 é un número afortunado", con obras de Strauss, Ravel e Schumann, no Auditorio Mar de Vigo.
venres, 11 mar 2016
A Concellería de Xuventude organiza un obradoiro de cine do 5 de abril ó 31 de maio dirixido a persoas de idades de entre 14 a 30 anos e que se desenvolverá tódolos martes e xoves de 18:30 a 20:30h na Casa da Xuventude. <br />
venres, 11 mar 2016
A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística convócanse dous obradoiros para dar a coñecer as diversas opcións que hai en galego para os distintos tipos de actividades no sector do tempo libre e fomentar o seu uso entre o monitorado e as persoas docentes.
venres, 11 mar 2016
A próxima semana as mulleres serán protagonistas da man do proxecto "Cinema e Muller", unha proposta multidisciplinar que procura dar visibilidade á creación artística e cinematográfica das mulleres a través de proxeccións, charlas e dunha película colaborativa conformada por dez microcurtas dirixidas por cineastas.