As escolas infantís municipais de Mestres Goldar e Navia funcionarán "en moi poucos días"<br />
Este xoves reúnese a mesa de contratación de ofertas para adxudicar o contrato definitivo que permitirá poñer en marcha as escolas infantís de Mestres Goldar e Navia. Tal e como lembrou o rexedor, os alumnos xa están seleccionados polo que a entrada en funcionamento será en "moi poucos días".
O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que as escolas infantís de Mestres Goldar e Navia estarán funcionando a mediados do mes de abril, logo de que a Xunta emitira a pertinente autorización. Tal e como indicou, os trámites administrativos están practicamente rematados, a expensas do permiso de apertura que o goberno autonómico demorou inxustificadamente durante varios meses.
Mañá xoves está convocada a mesa de contratación de ofertas para adxudicar o contrato (ata o de agora non se podía formalizar ese paso pola falta de autorización) e logo dos 15 días hábiles para atender supostos recursos, asinarase o contrato para que poidan comezar as clases. Cando adxudique, comezarase a chamar ás familias porque os alumnos xa están seleccionados.
Coa posta en marcha destas dúas escolas, xa son oito os centros educativos infantís xestionados polo Concello. O número de prazas pasou de 302 en 2007 ás 620 da actualidade, cun investimento de 1,7 millóns de euros.