Manifesto 8 de marzo 2016 do Consello Municipal da Muller Vigo
O Consello Municipal da Muller de Vigo co lema "Tempos sen exclusións das mulleres", como dende hai xa vintetrés anos, imos realizar unha serie de actividades para reivindicar o "8 de marzo día internacional das Mulleres".
Para nós, os avanzos nos dereitos das mulleres é unha preocupación de todos os días do ano, mais nesta data queremos por en valor as conquistas da loita feminista e a necesidade de continuar avanzando na Igualdade.
Queremos denunciar o machismo que nos asasina, só na Galicia no ano 2015 foron asasinadas 13 mulleres mentres que no estado español se producirón 120 asasinatos machistas e no que vai do ano 2016 na Galiza contamos 1 e no estado español xá van 18 asasinatos machistas.
Porén, non observamos unha política determinante contra o terrorismo machista que sigue sumando dia a dia máis mulleres asasinadas, mostra dun patriarcado brutal que en todas as facetas sociais nos segue a considerar cidadás de segunda categoría.
Non aprezamos ese compromiso serio coa cacarexada "tolerancia zero". Queremos algo máis que xestos simbólicos para as fotos dos xornais. As institucións non se están comprometendo a aplicar os artigos que lles competen das Leis de Igualdade nin de Violencia de xénero, queremos ser unha cuestión de Estado.
Queremos denunciar o machismo que nos bota do Mercado laboral e o brutal retroceso dos dereitos laborais. Un proceso de destrucción de emprego caracterizado polo aumento de traballos de mulleres en precario e o deterioro das condicións laborais das que aínda manteñen o seu posto de traballo.
As mulleres galegas ven como aumenta a fenda salarial entre homes e mulleres, sen contar o traballo non retribuido que as mulleres facemos no ámbito familiar.
Hoxe en Galiza unha de catro mulleres ten un contrato parcial e un salario precario. Un dato que aumenta nas mozas condeadas a emigración ou a unha vida laboral marcada pola temporalidade.
Queremos denunciar o machismo que nos afoga, elimina dereitos e recorta servizos públicos: sanidade, educación, dependencia,… que están a supor un sobrecargo para as mulleres; queremos unha educación libre e igualitaria que garanta o libre desenvolvemento das nosas identidades e o dereito a decidir sobre os nosos corpos, sexualidade e maternidade, sendo unha obriga institucional garantir o direito ao aborto digno, libre e gratuito. Denunciamos os ataques ás políticas de Igualdade que limitan os nosos dereitos.
Queremos lembrar o esforzo de todas as mulleres: das pioneiras, porque sen elas, e sen as súas loitas non teriamos conquerido os dereitos que hoxe temos, asumindo o papel tan importante que desenvolveron no avance social, económico, cultural e político.
Lembramos tamén hoxe a todas mulleres que seguen loitando dunha maneira anónima -individual ou colectivamente- co seu traballo, coa súa sabedoría e coa sua rebeldía, e que se comprometen con que esta sociedade sexa cada día máis igualitaria e polo tanto máis democrática.
Lembramos a todas as mulleres que durante 23 anos teñen contribuido dende o C.M.M. a que esta cidade teña avanzando en políticas de Igualdade.
Hoxe é un día de celebración e reinvidicación para as organizacións de mulleres, pero tamén para que todo o pobo entenda que as sociedades máis democráticas son as sociedades máis igualitarias.
Para recordar isto, O CMM, seguiremos traballando unidas, como conciencia social, para non dar nin un só paso atrás nos dereitos xa conquistados, porque é unha cuestión de xustiza social.
Viva o 8 de marzo, viva a loita Feminista
Descargar todas as imaxes