O Concello recupera a "rúa das Reyes" que recoñece o papel destas dúas mulleres na Reconquista de Vigo
Bouzas volve contar desde este luns coa "Rúa das Reyes, Heroínas da Reconquista de Vigo", en recoñecemento ás irmás Josefa e Aurora Reyes, grazas ao descubrimento da placa encabezado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. O goberno de Vigo repara o erro histórico cometido polo franquismo ao traducir o seu nome orixinal por "Rúa dos Reis".
O alcalde, Abel Caballero, descubriu este luns a placa "Rúa das Reyes, Heroínas da Reconquista de Vigo" en recoñecemento ao "labor heroico" desempeñado polas irmás Josefa e Aurora Reyes neste episodio da historia da cidade.
A iniciativa xurdiu a petición da Confraría de Bouzas, en particular por medio de Paulino Freire, para quen o alcalde de Vigo tivo unhas verbas de agradecemento. O obxectivo deste acto era a reparación dun erro histórico e a restitución da placa que homenaxea a estas dúas mulleres.
Ata agora o vial chamábase "Rúa dos Reis", inducindo ao erro de pensar que estaba adicada aos reis. Durante o franquismo os nomes foron cambiados ao castelán, neste caso equivocamente. Coa restitución da placa ponse en valor a "memoria, o recordo e o recoñecemento ás irmás Reyes", en palabras do rexedor vigués quen sinalou que "hai que seguir a recuperación en conxunto da cidade, escoitando as propostas cidadás e camiñando xuntos".
Descargar todas as imaxes