mércores, 9 mar 2016
Este xoves reúnese a mesa de contratación de ofertas para adxudicar o contrato definitivo que permitirá poñer en marcha as escolas infantís de Mestres Goldar e Navia. Tal e como lembrou o rexedor, os alumnos xa están seleccionados polo que a entrada en funcionamento será en "moi poucos días".
mércores, 9 mar 2016
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP valorou a "fortísima desautorización" do Tribunal Constitucional ao anular parte da reforma impulsada polo goberno de Rajoy da lei local e volve solicitar a súa derrogación. Caballero saudou en particular que o TC avale as competencias municipais en política social e asistencial.
mércores, 9 mar 2016
Abel Caballero, Carmela Silva e David Regades acompañados de Germán Fernández, representante da empresa Ecovidro presentáronlle esta mañá os hostaleiros do barrio histórico da cidade a posta en marcha dun servizo de recollida de vidro porta a porta. O alcalde agarda que esta iniciativa sexa un éxito no Casco Vello e que se poida estender a continuación a outras zonas da cidade.
mércores, 9 mar 2016
O rexedor reiterou este mércores que a modificación que o Concello está preparando do regulamento do Pleno quere ser "máis respectuosa cos concelleiros e concelleiras e co funcionamento do mesmo" e amosouse disposto a estudar as propostas dos grupos da oposición ao respecto.
mércores, 9 mar 2016
O encontro mantido entre o alcalde de Vigo e representantes da Plataforma SOS Sanidade Pública serviu para ratificar a posición común de solicitar que nas instalacións se compatibilicen atención sanitaria e de xustiza.
mércores, 9 mar 2016
Xunto ao presidente da Asociación Veciñal Cultural Casco Vello, José Manuel Veiga, Abel Caballero presentou este mércores a imaxe e os actos da Festa da Reconquista 2016, que terá lugar os días 2 e 3 de abril. A organización programa o tradicional mercado, espazos infantís, música nas rúas, demostracións de artesanía e a representación da Reconquista da Vila de Vigo.
mércores, 9 mar 2016
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade inaugurou este mércores o seu novo espazo na cidade olívica, situado na rúa Teixugueiras de Navia. No acto, ao que asistiron diversas autoridades, Caballero constatou que no novo deseño da cidade "sempre estarán presentes as necesidades das persoas con discapacidade".
mércores, 9 mar 2016
O acto central do Concello de Vigo para celebrar o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, contou na tarde do martes coa participación de numerosas deportistas, que fixeron exhibicións de taekwondo, baile deportivo, esgrima, ximnasia acrobática e artística, como representación das máis de corenta modalidades que se poden practicar nas escolas deportivas municipais.
mércores, 9 mar 2016
O Centro de Documentación Feminista de Vigo acolle o xoves,10 de marzo, ás 19.00 horas, a presentación do libro "Mary Quintero.Retratista desde os 15 anos"(Xerais, 2015).No acto participarán Fernanda Padín, autora dos textos e Mary Quintero.<br />