Proxección do documental "Fíos fora"
No marco do programa de actos que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan en marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres, o mércores día 9 proxectarase o documental "Fíos Fora" ás 20.00 horas no Centro Cívico do Casco Vello. O documental trata das mulleres galegas que traballaron no sector textil.
DOCUMENTAL "FÍOS FORA"
Dirección, guión e produción: Illa Bufarda.
Música: Mónica de Nut e Martin Messier.
Duración: 90 minutos.
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.
Data: mércores, 9 de marzo
Hora: 20:00h
Lugar: Centro Cívico do Casco Vello (r/oliva,12)
Entrada libre ata completar aforo do local
Descargar todas as imaxes