Escoitar

O goberno de Vigo destinou "nun mes" 34.000 euros en axudas de emerxencia para vivenda

Este martes, Abel Caballero informou da concesión de 247 axudas de emerxencia para familias que o precisan, salientando o abono "nun mes" de 34.000 euros para alugueres, aloxamento e hipotecas, de 36.000 euros para alimentación e outros 13.000 para pagos de luz, auga e gas. "Quero que a cidade estea orgullosa da atención que da a quen o precisa", subliñou o alcalde.

martes, 8 mar 2016
O alcalde aclarou que as axudas de emerxencia contan cunha partida que "se é preciso se incrementa" e reiterou que as competencias na materia as ostenta a administración autonómica, non a municipal.

Caballero animou a alcaldes e alcaldesas doutras cidades e cores políticas a que "copien este modelo" e garantiu que "seguiremos a facer esta dedicación sen límite de gasto", ademais de destinar dous millóns de euros ao efecto do programa de axudas extraordinarias para familias para vivenda, enerxía e alimentación (o coñecido como "cheque social"), entre outros programas de carácter social.