Escoitar

O alcalde esixe á Xunta información e "claridade" sobre o novo proxecto para a Cidade da Xustiza

Caballero solicitou este martes ao vicepresidente autonómico un enfoque "máis aberto e participativa" para a proposta de traslado á torre do Xeral das dotacións xudiciais, tras constatar que colectivos vigueses carecen de información. Alerta o rexedor de que o "escurantismo" xera "enorme desconfianza".

martes, 8 mar 2016
1457442882abogados.jpg
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con Avogados Novos e celebra esta tarde outra con SOS Sanidade Pública para abordar o proxecto de traslado á torre do Xeral das dotacións xudiciais viguesas, como parte da rolda de contactos que está a manter con distintas asociacións e entidades da cidade.

En declaracións aos medios, o primeiro edil asegurou ter constatado nas entrevistas realizadas nos últimos días "unha gran desconfianza dun número significativo de colectivos" vigueses polo "escurantismo" con que a Xunta de Galicia está a levar adiante esta iniciativa, pois carecen de información ao respecto, o que "non facilita que o proxecto vaia adiante".

"Esíxolle claridade", indicou Caballero en relación ao vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, porque "non a está a haber" nin cos colectivos vigueses nin co propio Concello de Vigo. O alcalde, que amosou novamente a súa "convicción absoluta" sobre as bondades do traslado, reclamou un procedemento "máis aberto e participativo" e saber que se está a facer "en tempo real".
Descargar todas as imaxes