Escoitar

Caballero anuncia que co manifesto "Deportistas pola igualdade" ábrese unha nova etapa de apoio ao deporte feminino

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, e o edil de Deportes, Manel Fernández, mantivo hoxe unha reunión con dirixentes, adestradoras e xogadoras dunha ducia de clubs femininos locais ou que teñen equipos femininos ademais de masculinos. O motivo foi o de falar do Día Internacional da Muller e tamén dunha nova proposta municipal.

venres, 4 mar 2016
1457108728igualdad.JPG
O rexedor, que mantivo un encontro duns vinte minutos con representantes de varios deportes (baloncesto, baloncesto en cadeira de rodas, balonmán, esgrima, triatlón, remo, loita, ximnasia acrobática, rítmica, patinaxe, fútbol, voleibol, vela...), anuncioulles que "imos establecer un acto de igualdade e un proxecto denominado Deportistas pola igualdade".

Judith Rodríguez, tiradora internacional do Club Olivo de esgrima, fixo entrega ao xefe do goberno local do manifesto pola igualdade que se lerá o vindeiro día 8, e fíxolle entrega tamén dunha camiseta co lema "Deportistas pola igualdade".

Caballero deu enorme transcendencia a esta novidosa iniciativa "para lanzar á cidade a mensaxe da igualdade no deporte. En suma, o deporte practicado por mulleres ten que ter máis apoio que o practicado por homes, porque temos que meter a igualdade con medidas positivas de apoio", explicou.

Así, o político anunciou que "si prometín, que o cumpro, que imos duplicar a axuda ás entidades de formación, máis que lles imos a duplicar aos clubs femininos de deporte de base. Polo tanto, imos aumentar a todos e máis aos de mulleres", incidiu.

O alcalde informou tamén de que durante a fin de semana vaise ler o manifesto polo Día Internacional da Muller en diversas competicións femininas federadas así como algúns eventos que se organizarán en Vigo. "E o martes faremos un encontro masivo con mulleres que practican deporte, con entidades deportivas femininas" no hall do auditorio Mar de Vigo ás 18:00 horas.

Para o martes 8, no Mar de Vigo programáronse exhibicións de taekwondo, baile deportivo, esgrima, ximnasia acrobática e ximnasia artística por clubs do programa municipal de escolas deportivas (Budo Castrelos, Al Compás, Esgrima El Olivo, Flic Flac y Maniotas). "Imos lanzar un gran proxecto de igualdade no deporte que non rematará nestes cinco días senón que o manteremos durante anos para xerar a visión da igualdade no deporte".
Descargar todas as imaxes