Caballero cifra en 30 millóns os investimentos no Casco Vello baixo o seu mandato
O alcalde amosouse "encantado" pola celebración do aniversario do Consorcio do Casco Vello -do que o Concello forma parte- cun paseo pola zona alta e actos institucionais. Caballero engadiu que os 30 millóns adicados ao casco histórico vigués polo seu goberno son "cifras moi significativas da nosa acción", e nomeou a Pinacoteca, as humanizacións, a UNED e os Coidadores de Barrio, entre outras.