Escoitar

Presentacion do programa do Día Internacional da Muller<br />

A Concelleria de Igualdade en colaboracion do Consello Municipal da Muller organiza una serie de actos e actividades no mes de marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional das Mulleres". Os actos iniciaranse o domingo 6 ata o día 20 de marzo baixo o lema "tempos sen exclusión das mulleres.

mércores, 2 mar 2016
1456923655muller.JPG
O programa recolle diversas actividades como proxeccións de documentacis, cine infantil, contacontos, recital aberto de poesía, actuación musical e a entrega do IV Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a Coral del Rio Otero.

O Día Internacional da Muller, vense a celebrar dende 1975, ano declarado por Nacións Unidas como Ano Internacional da Muller, pero que ten a súa orixe en 1908 en Nova York para mellorar as súas condicións de vida.

A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ao traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais longuísimas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores ós dos homes. A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco empezaron a organizarse.

Unha das protestas reivindicando mellores condicións laborais foi a que protagonizaron as traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova York, en Estados Unidos. Era o 8 de marzo de 1908 e as traballadoras encerráronse no interior para pedir que se lles reducira a súa xornada laboral a 10 horas. Os propietarios da fábrica decidiron incendiar o edificio para facelas saír de alí, pero o resultado foi de 129 traballadoras mortas. A cor lila con que se identifica este día é porque dese ton era o tecido que estaban a facer as obreiras o día que morreron.
Descargar todas as imaxes