O alcalde citará a veciños e comerciantes polo peche do Centro de Especialidades da Doblada
Caballero anunciou este mércores reunións coa Asociación de Veciños e cos comerciantes do Calvario tras amosar estes a súa "enorme preocupación, que eu comparto, polo peche do Centro de Especialidades da Doblada". O rexedor alertou de que "a atención sanitaria na proximidade está a ser reducida".
Abel Caballero explicou que estas entrevistas se convocan despois da inquedanza que traslada a veciñanza da Doblada, do Calvario e de Martínez Garrido polo peche do nomeado Centro de Especialidades.
"Pero o mesmo acontece en Coia", abondou o alcalde de Vigo en referencia ao peche do Centro de Especialidades desta zona. Caballero manifestou compartir "a preocupación dos cidadáns, que ven que a atención sanitaria na proximidade está a ser reducida".