martes, 1 marzo 2016

Vigo non tivo ningún reparo de intervención no ano 2014

martes, 1 mar 2016

Segundo informou hoxe martes o alcalde, este é o dato que recolle o informe no que o Consello de Contas fiscaliza a xestión dos municipios galegos, no que sinala que Vigo tivo "cero reparos" á súa acción por parte da intervención durante o ano 2014 o que implica a súa "transparencia e legalidade".

Talleres sobre "AVELLENTAMENTO ACTIVO"

martes, 1 mar 2016

A Concellería de Política de Benestar programa talleres de risa activa, relaxación e movemento, musicoterapia, memoria, vivir en positivo, saúde e diversión, danzas do mundo ,pilates en cadeira, autocoñecemneto,masaxes e taichí.Dirixida a persoas con autonomía maiores de 65 anos. Os talleres son gratuitos e teñen una duración anual.As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello.

Presentación do libro "O libro das amigas" para Begoña Caamaño

martes, 1 mar 2016

Este mércores, 2 de marzo, ás 19:00h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, presentación do libro: "O libro das amigas" para Begoña Caamaño. Interveñen: Amanda Álvarez, Bea Caamaño, Carme Panero, María Xosé Porteiro e María Xosé Queizán.

Exposición "Esencias dunha colección" na Pinacoteca

martes, 1 mar 2016

A Concellería de Cultura presenta a exposición "Esencias dunha colección" que poderá visitarse na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" a partir do martes 1 de marzo. Vigo conta cunha das máis importantes coleccións de arte galega que nace dunha política de adquisicións levada a cabo desde o Museo municipal "Quiñones de León".