A unanimidade do Pleno reclama á Xunta melloras no servizo de transporte ao aeroporto de Vigo
Todos os grupos coincidiron esta mañá na necesidade de mellorar o servizo de transporte público ao aeroporto de Vigo. A tal efecto, a unaminidade do Pleno acordou solicitar á Xunta un convenio de colaboración.
Todos os grupos políticos respaldaron esta mañá unha moción socialista que insta á Xunta a articular un convenio de colaboración para mellorar o servizo de transporte ao aeroporto de Vigo. Tal e como explicou a concelleira de Transportes, Ángeles Marra, o goberno autonómico discrimina á nosa cidade respecto a outras terminais galegas que xa contan con este tipo de colaboración, como é o caso de Lavacolla, tal e como figura na resolución da Consellería de Infraestrutura e Vivenda publicada no DOG o 20 de xaneiro deste mesmo ano.
Por unanimidade foi aprobada tamén outra moción socialista que insta ao Ministerio de Fomento a establecer dúas novas conexións directas entre Vigo e Madrid, con saída á primeira hora da mañá e da tarde, coa consecuente redución de tempos e de traxecto. O texto defendido pola edil Ángeles Marra, critica que a finais do pasado mes de xaneiro, anunciouse a posta en marcha de dúas novas conexións con Madrid sen ser directas, senón que comportan unha escala intermedia en Santiago de Compostela, o que supón incrementar a duración da viaxe 15 minutos.
O edil de Facenda, Jaime Aneiros, presentou no Pleno unha moción na que solicita ao Goberno de España que a liquidación definitiva da participación nos ingresos do Estado teña en conta a cantidade global recaudada nos impostos e exercicios sobre os que se fai o cálculo inicial das cantidades que deben terse en conta á hora de elaborar os orzamentos xerais dos Concellos. Unha vez máis, a unanimidade do Pleno refrendou esta petición que permitiría aumentar a capacidade de financiación das entidades locais xa que tería que incluir a porcentaxe que lle corresponde polo aumento de ingresos do 27% que ven de experimentar a Facenda Pública grazas á loita contra o fraude fiscal.
Lei de racionalización local
Tamén saíu adiante, neste caso co voto favorable da Marea, outra moción do PSOE na que reclama a derogación da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local. Co voto en contra do PP, Carlos López Font conseguíu sacar adiante unha moción que reclama unha Lei de Réxime Local que reforce a autonomía local que garanta un sistema de financiamento estable e proporcional a unhas competencias ben definidas dos entes locais e aquelas que non sendo propias, previo convenio, poidan desenvolverse sen comprometer a estabilidade orzamentaria con garantías de control e transparencia da xestión pública. Outro dos asuntos que se abordan na moción é impulsar desde o consenso unha nova Lei de Facendas locais que dote de estabilidade, rigor e recursos as competencias asumidas polas entidades locais, de forma coordinada coa do finanzamento autonómico, definindo con claridade a participación das facendas locais nos tributos do Estado e nos das comunidades autónomas.