xoves, 3 mar 2016
A Xunta Directiva de Conxemar transmitiulle a Abel Caballero necesidade de ampliar o espazo dispoñible no IFEVI para poder acoller unha feira integral do conxelado e da conserva, unha acción que o alcalde seguirá demandando á Xunta de Galicia, e instárono a seguir potenciando o aeroporto de Vigo que nestes momentos ven "con moi bos ollos".
xoves, 3 mar 2016
O Concello pon en marcha unha vez máis os cursos de formación para poder traballar en calquera das cinco hortas urbanas existentes na actualidade e ás que se vai sumar unha máis en Ramón Nieto. Outra das novidades deste ano será a incorporación de alumnos de Down Vigo que van traballar na de Sardomela.
xoves, 3 mar 2016
O segundo tenente de alcalde, David Regades, presentou esta xoves a programación do Festival Alternativo das Artes Escénicas que trae a Vigo, ao longo de 5 xornadas, espectáculos de 10 compañías galegas, españolas e dúas internacionais cun espazo dedicado a dar visibilidade á creación das mulleres.
xoves, 3 mar 2016
A Concelleria de Igualdade e o Consello Municipal da Muller,organizan o premio de Igualdade "Ernestina Otero" que na súa cuarta edición distingue á economista Coral del Río Otero. <br />
xoves, 3 mar 2016
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe o programa municipal de cross escolar Concello de Vigo 2016, as seis probas que durante o ano celebraranse na cidade para fomento do atletismo entre os estudantes máis novos.
xoves, 3 mar 2016
Este venres,4 de marzo ás 10 horas no Centro Cultural de Valadares celebrarase un novo certame escolar de improvisación oral. Asistirán alumnado, preto de 600, da ESO e bacherelato de Vigo.