Coral del Río Otero, distinguida co premio de Igualdade "Ernestina Otero"
A Concelleria de Igualdade e o Consello Municipal da Muller,organizan o premio de Igualdade "Ernestina Otero" que na súa cuarta edición distingue á economista Coral del Río Otero. <br />
O IV Premio de Igualdade "Ernestina Otero" entregarase no transcurso dunha cea no Hotel Coia o venres, 11 de marzo ás 22h. Prezo do menú: 25 €. As persoas interesadas en asistir deberán realizar a reserva ata o día 9 de marzo contactando por teléfono con Ángeles Arias Tlf. 654401709 ou Elena Rodríguez Tlf. 679151339
Coral del Río Otero é unha economista galega, nada en Vigo.Licenciouse en Economía en 1989 pola USC, doutorándose en 1996 pola Universidade Carlos III de Madrid co estudo Desigualdad y pobreza en España de 1980-81 a 1990-91. Actualmente é profesora do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e pertence ao grupo de investigación "Distribución da renda, territorio e mercado laboral". Foi membro da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas, e é directora da Área de Igualdade da UVi.Está especializada nas desigualdades económicas causadas polos aspectos de xénero no mercado laboral.Ten publicado artigos e traballos en diversos medios.
Descargar todas as imaxes