Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 3 mar 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE MARZO DE 2016.


1.- Acta das sesións ordinaria e extraordinaria e urxente do 19 de febreiro de 2016.

CONTRATACIÓN
2.- Proposta para iniciar procedemento de modificación do contrato do Servizo de conservación e reposición de zonas verdes na cidade de Vigo. Expte. 8357/446.

3.- Modificación do contrato de xestión de servicio público para a construcción e explotación de aparcadoiros subterráneos de uso mixto nas rúa Rosalía de Castro, Jenaro de la Fuente e Avenida Castelao (toma coñecemento para envío Consello Consultivo de Galicia). Expte. 636/449.

DEPORTES
4.- Subvención a favor da C.D. Bosco como entidade de élite de Vigo pola dinamización do seu proxecto deportivo durante a tempada deportiva 2015-2016. Expte. 14876/333.

5.- Subvención a favor do Club Xuvenil de Teis como entidade de élite de Vigo pola dinamización do seu proxecto deportivo durante a tempada deportiva 2015-2016. Expte. 14896/333.

6.- Subvención a favor da S.D. Octavio como entidade de élite de Vigo pola dinamización do su proxecto deportivo durante a tempada deportiva 2015-2016. Expte. 14875/333.

7.- Proposta de autorización da organización do XVII Trofeo Cidade de Mountain Bike Enduro-VBC, o vindeiro 6 de marzo de 2016. Expte. 14825/333.

8.- Proposta de autorización da organización do evento XXVII Cross Escolar Párroco Don Camilo, o vindeiro 6 de marzo de 2016. Expte. 14693/333.

RECURSOS HUMANOS
9.- Horas festivas realizadas polo persoal do servizo de VIGOZOO en datas 24/25 de decembro 2015 e 31 de decembro/1 de xaneiro de 2016. Expte. 27730/220.

10.- Reestructuración organizativa e funcional dos Servizos Xurídicos Municipais, Servizo de Tenencia, Servizo de Contratación e incorporación de Servizo de nova creación na Área de Fomento. Expte. 27399/220.

11.- Dar conta de resolucións do concelleiro delegado de Xestión municipal e Persoal:

a) Atribución temporal de responsabilidade do Órgano de contabilidade e de presupostación. Expte.: 33/142.

b) Autorización de horas extras ao funcionario D. Fidel Goberna Trigo, para os meses de febreiro e marzo de 2016. Expte. 27654/220.

c) Autorización horas extras ao persoal do servizo do Parque Central para os meses de febreiro e marzo 2016. Expte. 27594/220.

d) Renuncia presentada por D. Víctor Manuel Martínez Couto ao seu nomeamento interino por acumulación de tarefas como administrativo. Expte. 27739/220.

e) Declaración de desistimento en procedemento administrativo de solicitude de prórroga da permanencia na situación de servizo activo e declaración de xubilación obrigatoria do funcionario municipal D. Ramón Fernández-Linares Bouza. Expte. 27357/220.

f) Reasignación como consecuencia da adaptación de posto de traballo ó empregado municipal D. José Julio Rodríguez Granja para o servizo de Conserxería. Expte. 27454/220.

g) Reasignación do funcionario D. Javier Pinal Falque, administrativo de Administración Xeral, do servizo de Deportes, á Tesourería Municipal, negociado de Nóminas. Expte. 27740/220.

SERVIZOS XERAIS
12.- Expediente de contratación das obras de "reparacións discontinuas da calzada na rúa Tomás Alonso (curva San Gregorio)". Expte. 3517/440.

URBANISMO
13.- Complemento de produtividade a Juan José Aguirre Rodríguez. Expte. 8789/407.

14.- Complemento de produtividade a David González Collazo. Expte. 8790/407.
XESTIÓN MUNICIPAL
15.- Modificación da vixente RPT- Posto de traballo "xefe/xefa do Servizo de Recursos Humanos· e redimensionamento do mesmo en área funcional de Recursos Humanos (resolución alegacións). Expte. 70/105.

XUVENTUDE
16.- Proxecto de convenio co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil. Expte. 4612/336.

17.- Proxecto de convenio coa Asociación Veciñal e Cultural de Lavadores para o desenvolvemento dun Programa de dinamización Infantil e Xuvenil. Expte. 4613/336.

18.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 4 de marzo de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 2 de marzo de 2016.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.