Caballero apoia a creación dunha comisión de seguimiento para o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral
O alcalde apoiou esta mañá unha proposta de SOS Xustiza para a posta en marcha dunha comisión de seguimiento para o traslado dos xulgados ao antigo edificio do Xeral. Tal e como defendeu o rexedor, trátase dun xeito de aportar ideas que poidan enriquecer o deseño do proxecto.
O alcalde de Vigo coida unha "boa dedisión" para a cidade a constitución dunha comisión de seguimento para o proxecto de trasladar a Cidade da Xustiza ao Xeral e poder contar, deste xeito, co máximo de ideas posible para o seu deseño. Así, Caballero aceptou a proposta dos representantes de SOS Xustiza cos que mantivo esta mañá un encontro no que tamén coindidiron na necesidade de asinar "en poucos meses" coa Xunta un convenio que garanta a iniciativa.
Esa comisión, explicou, falicitará información á cidade dos avances desta iniciativa e permitirá que un grupo de persoas vencellada ao mundo da Xustiza enriqueza un proxecto que "debe realizarse en tempo e forma". Neste punto, lembrou a importancia de que a Biblioteca do Estado se constrúa ao mesmo tempo nos terreos expropiados polo Concello para os xulgados e que os edificios existentes sexan cedidos á cidade con fins socioculturais.
Caballero reiterou que detecta "un inmenso consenso" ao respecto deste traslado así como da intención de que o conxunto da edificación se comparta con fins sanitarios xa que so a torre do Xeral ten 36.000 m2, moito máis espazo do previsto na anterior ubicación.
Descargar todas as imaxes